Quen son
Maria Ines Cuadrado
Nacín en Buenos Aires, en 1963. Como boa porteña, de maior quería ser psicóloga, pero expectativas externas pesaron demáis. Despois de cursar algunhas asignaturas das carreras de Xornalismo e de Socioloxía, licenciéi en Artes Escénicas polo IUNA da Universidade de Buenos Aires. Realicéi cursos e seminarios sobre expresión oral e corporal, técnicas vocais para radio, produción de radio e entrevista xornalística, entre outros.; tendo como mestroe a profesionais como Rubens Correa, Carlos Demartino, e Eduardo Aliverti. Durante máis de 15 anos entrenéi no Sistema Consciente para a técnica do movimiento de Fedora Aberastury con María Inés Azarri. Aínda así non me decidía a subir ao escenario
Entre 1982 e 1989 participei de compañías teatrais como Medio Mundo Variete e Parakultural, referentes alternativos na capital arxentina, facendo prensa e producción de espectáculos.
Entre 1989 e 1995 organicei e producín diversos eventos culturais como os cursos de Danza Movimiento Terapia convidando a profesionais extranxeiros, e os Espectáculos no living room, do Clube de Campo San Diego.

Maria Inés Cuadrado

Entre 1996 e 1999 me decidín e crei o programa de radio "Outros personaxes, pequenas historias na gran cidade", na 94.3 FMPalermo. A identidade a partir da palabra e a inmigración son temáticas que sempre me apaixonaron. Neste programa entrevistaba a inmigrantes de todos os rincóns chegados a Buenos Aires contando as súas vivencias...Foi entón, cando recitaba a Rosalía para algún galego , que escoité a palabra potente e vibrante dentro de mín, algo abriuse.
Despois de montar o espectáculo Meniña gaiteira tiven a necesidade de vivir en Galicia para traballar coa música deste idioma, que tamén é a música da miña ialma.
Desde o año 2001 resido na Coruña, onde baixo o nome de AXENTEDASPALABRAS participo da actividade cultural de Galicia en teatros, centros educativos, espacios culturais, como narradora - Música de palabras, Crisálida, Palabras que trae el viento-, actriz -Que no se te haga tarde, Opereta La Berenguela-, dramaturga -Una de piratas, Malentendidos- e directora teatral - Hamelin Bom Bom, Bom e Villa, Doubles. En TV realizo participacións en As viaxeiras da lúa , Mareas Vivas, Maridos e mulleres, Rias Baixas entre outras.
Entre 2004 e 2011 curso seminarios sobre “Storytelling as a healing art” en Emerson College, Sussex University impartidos por Nancy Mellon e Ashley Ramsden. En 2006 realizo cursos de Doutoramento en Literatura Galega na Universidade da Coruña.
Actuei en escenarios de toda Galicia, Buenos Aires, Cali e Montevideo, impartín cursos para a Universidade da Coruña, Escola da Arte Dramática de Galicia,para a Cámara de Comercio de Santiago, IFP Luis Seoane de Pontevedra, Consorcio Galego de Igualdade Obradoiros de narración para Familias de acollida na Cruz Roja, Contos para a saúde nos Centros de Información para a Muller, Contos como ferramenta terapéutica no Estudio Brecha, (BS AS)
En 2012 a miña saúde cambia e na nova busca que emprendo, en 2014 realizo o Máster de Terapia Narrativa sobre as prácticas de Micheal White e David Epston, pola Universidad de Extremadura. O meu traballo final “O movemento como metáfora narrativa” é o inicio dun novo camiño que me apaixona: a arte e a saúde, a palabra unida ao movemento corporal para identificarnos. Como resultado deste cambio desarrollo co Grupo Talento unha aplicación móvil para persoas diagnosticadas con Parkinson e ofrezo os meus obradoiros “Creatividade e Benestar para publico xeral” e "Narrativas corporais" para profesionais da saúde.
Maria Inés Cuadrado
“Gústame a luz de Galicia, o aire fresco e o Atlántico furioso que limpa corpo e ialma...Me gusta sentir o meu corazón latexando ao compás da calle Corrientes. Adoro traballar coas palabras, darlles corpo a través da voz, tacto e contacto sonoro...Converterme en campá de fresias para que as palabras dos outros resoen en mí. Vivo teatro. Xogo e ilusión. Potencia do efímero. Risa liberadora que produce aludes de andamios inútiles...Busco pequenos momentos, en Buenos Aires, Coruña o Singapur, para deixarme levar pola enerxía dos encontros verdadeiros.”
Video Presentación