Narrativas corporais
Maria Ines Cuadrado

Narrativas corporais

Somos movemento. Movémonos no espacio, movémonos cos outros, aínda na máxima quietude nos estamos movendo coa nosa respiración, o noso sangue segue movéndose, as nosas células seguen as súas funcións a través do movemiento. Xa no ventre materno, e ata o último hálito o movemento acompáñanos. Noutro plano, o planeta está en constante movemento e nós con él. Tamén podemos pensar que nos movemos nos relatos, a través deles e con eles. Como non aproveitar esta cualidade para a co-construcción da historia alternativa? Se observamos detidamente, moitas accións inspiran movemento: re-cordar, deconstruir, externalizar... A posibilidade de utilizar esta perspectiva na práctica narrativa presenta novos desafíos para @s facilitadores que permite xerar o valioso enriquecemento das conversacións terapéuticas. A proposta deste obradoiro é un convite a experimentar esta práctica


Programa de entrenamento
"Taller Creatividade e Benestar"

Público xeral

Metodoloxía: Oito sesions de dinámicas para generar bienestar

Esta actividade está dirixida a todas aquelas persoas que desexen mellorar a súa calidade de vida, especialmente  quen sofre algunha doenza. As actividades creativas que se propoñen xeneran benestar, bo humor e positivismo, necesarios para afrontar calquera circunstancia.


Terapéutica dos contos

O conto xurde no espacio onírico da creación, abrindo e liberando emocións. As historias e exercicios escollidos poden axudar a desbloquear sentimentos na busca profunda do benestar. Coa técnica, quen conta va traballando o propio relato como unha conversación con un mesmo, escoitando o que precisa ser dito nesa historia, é dicir, qué necesita ser contado.


Piano Words

Un espectáculo de Nani García coa participación de María Inés Cuadrado

A música narra historias, crea espacios sonoros onde vivir... a música fala de emocions e convida a deixarse ser. Esta é a proposta de Nani Garcia sobre improvisación o piano acompañada de poemas de creadores gallegos e arxentinos interpretados por Maria Inés Cuadrado. PIANO WORDS para escoitar coa alma.

Audio: "Volviste che"

Audio: "Amizade"